Letra de Chea de Vida de Guadi Galego
Voltar á terra que vos viu nacer
Onde os pobos deixan ver
Limpo e máis limpo solpor.
Voltar a onde a pedra o viu medrar
onde as rúas estreitan
onde os bares non fechan.
Estarei subindo algunha montaña
estarei buscando a sombra dunha parra
Estarei, estarei, estarei chea de vida,
chea de vida.
Voltaremos vernos
noutro momento
Voltaremos vernos
co movemento
Voltaremos vernos
por fóra e por dentro.
Voltaremos vernos
en silencio, con respecto,
en silencio, sen pretensións
en silencio, en silencio.
Estarei subindo algunha montaña
estarei buscando a sombra dunha parra
Estarei, estarei, estarei chea de vida,
chea de vida.
Chea de vida,
che de vida...